mércores, 12 de febreiro de 2020

Tema 5: Act pax 91. "Orixe da especie humana".


1. Enumera os cambios anatómicos que tiveron lugar ao longo do proceso de hominización.

Producíronse cambios anatómicos( adquisición dunha postura bípede ou erguita, cambio de función das extremidades), desenvolvemento do encéfalo e da linguaxe, cambios reprodutivos e no desenvolvemento e cambios xenéticos.

2. Cal é a causa pola que se adquiriu unha postura bípede ou ergueira? Que facilitou esta característica?

A principal causa é o cambio climático, polo cal se pasou dunha selva arborizada á árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abandonar a súa vida arbórea para camiñar en grandes espazos abertos.
O que facilitou esta postura principalmente é o alongamento das extremidades inferiores.
 

 3. Describe os cambios que tiveron lugar durante a hominización nas funcións das exremidades inferiores.

As extremidades inferiores destínanse unicamente a actividades locomotoras, polo que se alongan con respecto ás superiores e ao tronco.

4. Cales son os cambios reprodutivos e na linguaxe que se orixinan como consecuencia da hominización?

  • Cambios reprodutivos: grande éxito reprodutivo, favorecido pola desaparición do celo. Diversidade de individuos, resultante do proceso de recombinación.
  • Cambios na linguaxe: permitiu a transmisión de ideas e de coñecemento entre individuos.

 

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tema 7. Act pax 135 "Autorregulación das poboacións"

1. De que tipos poden ser as relacións intraespecificas? Pon un exemplo de cada un. Competencia (plantas buscando luz solar)  Terr...