sábado, 28 de marzo de 2020
Tema 7: Act pax 127. "Os ecosistemas necesitan materia e enerxía".
1. Que son os organismos consumidores e cantos tipos existen?
Os organismos consumidores son aqueles que necesitan tomar a materia orgánica elaborada polos produtores porque estes non son capaces de elaborar a súa propia materia.
2. Ordena os seguintes organismos na mesma secuencia que terían nunha cadea trófica: sardiñas, plancto, gaivotas, atúns.
Plancto - sardiñas- atúns - gaivotas
3. Por que é necesario que a materia dos ecosistemas se recicle e a enerxía non?
Porque a materia e unha fonte limitada, polo que debe reciclarse para que non se esgote, en cambio a enerxía non se recicla senón que é un fluxo continuo.
4. Sería posible a vida na Terra sen a existencia dos descompoñedores? Argumenta a túa resposta.
Non sería posible porque senón a materia non se podería reciclar.
domingo, 22 de marzo de 2020
Tema 6: Act pax 119. " Adaptacións ao medio terrestre e aéreo"
1. Que son os sacos aéreos? Comparaos cos órganos similares nos peixes.
Os sacos aéreos son un órgano que serve para acumular aire e ascender ou descender. E parello coa vexiga natatoria dos peixes pois ambos realizan a mesma función só que os sacos aéreos enchense de aire e a vexiga natatoria de auga.
3. Que diferenza hai entre hibernación e letargo? Pon exemplos de animais que pasen por estes procesos.
A difernza e que no letargo o animal perde completamente os sentidos e gastan unha maior enerxía. Exemplo de letargo (marmota) exemplo de hibernación (osos)
4. Que estratexias e órganos son imprescindibles para que os organismos se poidan adaptar ao medio terrestre?
As principais estratexias están relacionadas coa protección, cos sistemas respiratorios, sistemas de transporte.
venres, 20 de marzo de 2020
Tema 6: Act pax 117. " Adaptacións aos factores ambientais"
1. Que é a vexiga natatoria e como funciona?
A vexiga natatoria é un órgano que serve aos peixes para ascender ou descender. Se o peixe quere descender enche a vexiga e, se quere ascender baleira a vexiga natatoria.
Son as adaptacións que tratan sobre o comportamento.
3. Que adaptacións permiten aos peixes desprazarse e respirar na auga?
As aletas e as membranas interdixitais son as adaptacións que permiten aos peixes desprazarse; e as branquias permitenlle respirar na auga
4. As plantas de ambientes secos, terán máis ou menos estomas que as de zonas húmidas? Razoa a resposta.
Terán máis estomas as plantas en ambientes húmidos, pois en ambientes secos as plantas teñen menos estomas para transpirar menos agua.
5. Que tipo de sinais emiten os golfiños para comunicarse entre eles?
Os golfiños emiten sinais acústicas a traves da auga para comunicarse.
xoves, 19 de marzo de 2020
Tema 6: Act pax 115. "Os grandes ecosistemas terrestres(os biomas)
1. O termo deserto é sinónimo de temperaturas altas?
Non, por que existen desertos frios na Antártida.
2. Existen zonas desérticas no noso país? Sinala algunha das principais.
Si existen, sobre todo localizanse no sur da Península. Sobre todo en Andalucía.
3. Relaciona a seguinte vexetación cun bioma determinado: orquídeas, liques, queiroas e sobreiras.
Bioma temperado: orquídeas, liques
Bioma frío:
Bioma cálido:queiroas, sobreiras
4. Que adaptacións posúe a vexetación caducifolia.
A principal adaptación e a perda das follas ante a falta de luz solar no inverno.
Tema 6:Act pax 113."Os factores bióticos"
1. De que tipos poden ser as relacións intraespecificas? Pon un exemplo de cada unha.
Poden ser coloniais(como os corais), sociais(como as formigas), familiares (como un grupo de cabalos salvaxes) ou gregarias(como as aves )
2. Por que factores compiten os orgamismos nas relacións de competencia.
Principalmente os orgamismos nas relacións de competencia compiten no caso das plantas pola luz e no caso dos animais pola parella para reproducirse e polo alimento.
3. Que relación teñen un parasito e un hóspede? Quen resulta perxudicado?
Sería unha asociación simbiotica e unha relacion de parasitismo. O perxudicado sería o hóspede.
4. Compara as relacións intraespecificas coas interespecificas.
A principal diferenza e que as relacións intraespecificas danse en individuos da mesma especie e a interespecifica non.
5. De que tipo son as relacións tróficas?
6. Como se denomina a relación entre dúas especies distintas na que ambas as dúas obteñen beneficio? Pon un exemplo.
A relación e o mutualismo. Por exemplo entre os peixes payaso e as anémonas.
Poden ser coloniais(como os corais), sociais(como as formigas), familiares (como un grupo de cabalos salvaxes) ou gregarias(como as aves )
2. Por que factores compiten os orgamismos nas relacións de competencia.
Principalmente os orgamismos nas relacións de competencia compiten no caso das plantas pola luz e no caso dos animais pola parella para reproducirse e polo alimento.
3. Que relación teñen un parasito e un hóspede? Quen resulta perxudicado?
Sería unha asociación simbiotica e unha relacion de parasitismo. O perxudicado sería o hóspede.
4. Compara as relacións intraespecificas coas interespecificas.
A principal diferenza e que as relacións intraespecificas danse en individuos da mesma especie e a interespecifica non.
5. De que tipo son as relacións tróficas?
6. Como se denomina a relación entre dúas especies distintas na que ambas as dúas obteñen beneficio? Pon un exemplo.
A relación e o mutualismo. Por exemplo entre os peixes payaso e as anémonas.
mércores, 11 de marzo de 2020
Tema 6. Act pax 111: Factores físicos, químicos e edáficos
1. Que son os factores edáficos e como inflúen na instalación e desenvolvemento dos organismos?
Os factores edáficos son as características dos solos. Os factores edáficos inflúen no desenvolvemento dos organismos porque cada organismo necesita distintos factores edáficos.
2. Que factores ambientais teñen maior influencia no medio acuático?
Nun medio acuático a cantidade de luz e osíxeno son os factores máis importantes.
3. A que se denominan zona fótica e afótica, e con que medio están relacionadas?
A zona fótica e aquela que está iluminada, a zona afótica, non. Esta relacionada co medio acuático.
4. Que significado teñen rango de tolerancia e nivel óptimo
O rango de tolerancia son os límites de condicións dunha especie para poder vivir.
O nivel óptimo é o máximo desenvolvemento nuns valores concretos.
Tema 6. Act pax 109: Os factores ambientais do ecosistema
1. Que características do medio acuático o fan un medio abiótico máis adecuado que o terrestre?
A temperatura e a salinidade.
2. En que lugares da Península Ibérica ou das illas abundan máis as lagartas? Busca exemplos.
As lagartas abundan máis en zonas calurosas e secas, polo tanto abundan máis no sur da Península e nas illas Canarias.
4. Cal é a fonte principal de enerxía que reciben os ecosistemas?
A principal fonte de enerxía dun ecosistema e o sol.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Tema 7. Act pax 135 "Autorregulación das poboacións"
1. De que tipos poden ser as relacións intraespecificas? Pon un exemplo de cada un. Competencia (plantas buscando luz solar) Terr...

-
1. Dos ciclos de materia anteriores, cales son os terrestres e cales non? O clico do fósforo e terrestre, mentres que o ciclo do nitróxe...
-
1. En que puntos se basea a teoría de Lamarck? Lamarck basease principalmente en 2 puntos: A función crea o órgano. Os órganos ou os ...
-
1. Que é o citoesqueleto? Que compoñentes ten? Cales son as súas funcións? O citoesqueleto e unha rede proteica que dá soporte ao citoplas...