1. Indica as diferenzas que existen entre un sistema e un ecosistema.
Un sistema é un conxunto de elementos que funcionan de maneira coordinada. Un ecosistema é un sistema no que se relacionan os organismos e o espazo.
2. Que características do planeta Terra fan posible a existencia de vida?
- Existencia dunha atmosfera que nos protexe fronte as radiacións solares.
- A distancia da Terra ao sol proporciona a temperatura adecuada.
- Fluxo continuo de enerxía solar.
- Existencia de auga en estado líquido.
3. Cales son os elementos do biótopo e da biocenose nun ecosistema artificial, como un acuario caseiro?
A biocenose formaríana o conxunto de peixes e microorganismos que están na auga, ademais das plantas acúaticas.
O biótopo sería o propio o acuario e todos os elementos inerte do acuario como as rochas.
4. Que característica da Terra cres que fai posible a existencia de auga en estado líquido?
A existencia de auga en estado líquido da Terra, é debido a que a distancia ao Sol, proporciona a temperatura adecuada.
5. Cres que os criterios que serviron para agrupar a distintos organismos nun grupo taxonómico, como é a especie, se poden modificar co tempo?
Pódese modificar co tempo se ese organismo en concreto cambia as súas características que o fan cambiar de especie
6. Que tipo de agrupamento ecolóxico é un bosque?
É unha comunidade porque no bosque existen especies distintas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario