mércores, 9 de outubro de 2019

Tema 1. Actividades pax. 7 " As proteínas e os ácidos nucleicos".


 1. Que é unha proteína? De que moléculas máis sinxelas está formada? Que son as encimas?

As proteínas son biomoléculas de gran tamaño que están formadas por distintas combinacións de aminoácidos.

As encimas son proteínas "especialistas" que controlan todas as reaccións químicas do noso corpo.

Resultado de imagen de que son las enzimas

  
2. Indica que é un nucleótido e que moléculas forman parte dos nucleótidos. 

 Un nucleótido é unha molécula pequena que forma os ácidos nucleicos (ARN E ADN).

Cada nucleótido está formado pola unión dunha molécula de monosacárido (ribosa ou desoxirribosa), unha molécula de ácido fosfórico e unha molécula dunha base nitroxenada, que pode ser adenina, guanina, citosina, timina ou uracilo.





3. Se unha das cadeas dunha molécula de ADN  ten a secuencia de bases TACGCTAATCGG, cal será a secuencia da outra cadea?

A outra secuencia sería ATGCGATTAGCC.




4. Que é o ARN mensaxeiro? Cal é a súa función?

A súa secuencia de nucleótidos é complementaria dunha das cadeas dun fragmento de ADN. Ten a información necesaria para a síntese dunha proteína e leva esa información aos ribosomas.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tema 7. Act pax 135 "Autorregulación das poboacións"

1. De que tipos poden ser as relacións intraespecificas? Pon un exemplo de cada un. Competencia (plantas buscando luz solar)  Terr...