1.Que características teñen as células procariotas? Que son os plásmidos?
As células procariotas son as máis primitivas, de menor tamaño e teñen unha organización moito máis sinxela que as células eucariotas.
Os plásmidos son pequenos fragmentos de ADN cíclicos.
2. Indica que é un virus e por que non está considerado un ser vivo.
Os virus son estruturas acelulares formadas por un ácido nucleico (ADN ou ARN) e por proteínas.
Non se considera un ser vivo por que non realiza as tres funcións basicas (Relación, reproducción e nutrición) só teñen a capacidade de reprodución parasitando unha célula.
3. Indica tres diferenzas entre as células procariotas e as células eucariotas.
4. Como é a envoltura nuclear? Que características a diferencian dunha membrana?
A envoltura nuclear está formada por dúas membranas e posúe poros que permiten o paso de moléculas cara a e desde o citoplasma.
A principal diferenza e onde se encontran. A membra celular rodea a célula e a envoltura nuclear o núcle.
5. Cal é a composición da cromatina? Que relación hai entre a cromatina e os cromosomas.
A cromatina está formada por moléculas de ADN asociadas cunhas proteínas chamadas histonas. forma longas fibras que se acurtan e condensan para formar os cromosomas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario