xoves, 20 de febreiro de 2020
Tema 6: Act pax 107. "Ecosistemas representativos da nosa contorna".
1. Investiga que zonas húmidas españolas son as máis importantes desde o punto de vista ecolóxico.
As marismas son o espazo natural con maior biodiversidade, ademais é unha zona moi importante de migración das aves.
2. Sinala as principais adaptacións das plantas á falta de luz e explica cal é a súa finalidade.
Existen 3 tipos de adaptacións das plantas ante a falta de luz: follas máis grandes, estructuras para trepar e alcanzar máis luz, e orientación das plantas apuntando hacia a posición do sol.
3. Cales son as diferenzas entre os ecosistemas acuáticos de auga doce, salobre ou salgada.
A principal diferenza e o lugar onde se encontran os ecosistemas. Os de auga doce encóntranse en rios, lagos ou humedais; os de auga salgada encontranse nos mares e océanos principalmente.
4. A laurisilva canaria é un ecosistema que só se mantén nesas illas. Cal pode ser a causa¿
A razón pola cal só se desenvolve en Canarias e porque posúe un clima específico para ese ecosistema
Tema 6: Act pax 105. "A biosfera e os ecosistemas".
1. Indica as diferenzas que existen entre un sistema e un ecosistema.
Un sistema é un conxunto de elementos que funcionan de maneira coordinada. Un ecosistema é un sistema no que se relacionan os organismos e o espazo.
2. Que características do planeta Terra fan posible a existencia de vida?
- Existencia dunha atmosfera que nos protexe fronte as radiacións solares.
- A distancia da Terra ao sol proporciona a temperatura adecuada.
- Fluxo continuo de enerxía solar.
- Existencia de auga en estado líquido.
3. Cales son os elementos do biótopo e da biocenose nun ecosistema artificial, como un acuario caseiro?
A biocenose formaríana o conxunto de peixes e microorganismos que están na auga, ademais das plantas acúaticas.
O biótopo sería o propio o acuario e todos os elementos inerte do acuario como as rochas.
4. Que característica da Terra cres que fai posible a existencia de auga en estado líquido?
A existencia de auga en estado líquido da Terra, é debido a que a distancia ao Sol, proporciona a temperatura adecuada.
5. Cres que os criterios que serviron para agrupar a distintos organismos nun grupo taxonómico, como é a especie, se poden modificar co tempo?
Pódese modificar co tempo se ese organismo en concreto cambia as súas características que o fan cambiar de especie
6. Que tipo de agrupamento ecolóxico é un bosque?
É unha comunidade porque no bosque existen especies distintas.
venres, 14 de febreiro de 2020
Tema 5: Act pax 95. "O xénero Homo"
1. Nomea por orde cronolóxica as especies máis representativas de homínidos.
Homo habilis- homo erectus- homo antecessor- homo neanderthalensis- homo sapiens- homo sapiens sapiens
2. Cales son as principais diferenzas entre o Homo ergaster e o Homo erectus?
O Homo erectus considérase da mesma especie que o Homo ergaster, pero localizada fóra de África.
mércores, 12 de febreiro de 2020
Tema 5: Act pax 91. "Orixe da especie humana".
1. Enumera os cambios anatómicos que tiveron lugar ao longo do proceso de hominización.
Producíronse cambios anatómicos( adquisición dunha postura bípede ou erguita, cambio de función das extremidades), desenvolvemento do encéfalo e da linguaxe, cambios reprodutivos e no desenvolvemento e cambios xenéticos.
2. Cal é a causa pola que se adquiriu unha postura bípede ou ergueira? Que facilitou esta característica?
A principal causa é o cambio climático, polo cal se pasou dunha selva arborizada á árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abandonar a súa vida arbórea para camiñar en grandes espazos abertos.
O que facilitou esta postura principalmente é o alongamento das extremidades inferiores.
3. Describe os cambios que tiveron lugar durante a hominización nas funcións das exremidades inferiores.
As extremidades inferiores destínanse unicamente a actividades locomotoras, polo que se alongan con respecto ás superiores e ao tronco.
4. Cales son os cambios reprodutivos e na linguaxe que se orixinan como consecuencia da hominización?
- Cambios reprodutivos: grande éxito reprodutivo, favorecido pola desaparición do celo. Diversidade de individuos, resultante do proceso de recombinación.
- Cambios na linguaxe: permitiu a transmisión de ideas e de coñecemento entre individuos.
Tema 5: Act pax 89."As probas da evolución".
1. Que probas clásicas avalan o feito da evolución?
As probas clásicas que avalan o feito da evolución son as probas paleontolóxicas
2. Utilizando os datos da táboa que amosa as diferenzas nas secuencias de aminoácidos da hemoglobina dalgunhas especies de mamíferos, que especie é a que menos diferenzas presenta con respecto á especie humana? E a que máis? Por que?
A que mais se parece é o chimpancé e a que menos o cabalo. Porque contén mais diferenzas na secuencia de aminoácidos.
Tema 5: Act pax 87. "Novas teorías evolucionistas".
1. Por que ao neodarwinismo se lle denomina tamén teoría sintética da evolución?
Denomínase sintética porque se tivo en conta as mutacións e a recombinación xenética.
2. Que relación existe entre variabilidade xenética, adaptación e selección natural?
A variabilidade xenética ou biolóxica xunto con a selección natural da lugar a unha adaptación das especies.
3. Como explica a teoría do equilibrio puntuado a ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil?
Según o saltacionismo a ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil, corresponde á falta real destas formas intermedias.
Tema 5: Act pax 85. "Teorías evolucionistas".
1. En que puntos se basea a teoría de Lamarck?
Lamarck basease principalmente en 2 puntos:
- A función crea o órgano.
- Os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse.
2. Cales son os motivos polos que na actualidade non se aceptan as ideas de Lamarck?
Na actualidade demostrouse que os caracteres adquiridos por un individuo ao longo da súa vida, polo uso ou desuso, non se transmiten á descendencia, xa que só se herdan aqueles cuxa información se atopa nos xenes.
3. Cales son as ideas básicas nas que se fundamenta o darwinismo? Como explica a evolución das xirafas? En que se diferencia da teoría de Lamarck?
Tema 5: Act pax 83. "A evolución dos seres vivos".
1. Cales son as teorías fixistas? En que ideas se basean para explicar a orixe dos seres vivos?
As teorías fixistas sosteñen que as especies que poboan a Terra serían, desde a súa orixe, tal e como as coñecemos, sen ningún tipo de variación.
2. Que sostén que a teoría das transformacións infinitas de Leclerc e cal é a súa importancia?
A teoría das transformacións infinitas sostiña que os cambios dos seres vivos se deben á alimentación, ao clima, ao medio físico ou á domesticación. Foi importante porque tivo grande influencia en naturalistas como Lamarck e Darwin.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Tema 7. Act pax 135 "Autorregulación das poboacións"
1. De que tipos poden ser as relacións intraespecificas? Pon un exemplo de cada un. Competencia (plantas buscando luz solar) Terr...

-
1. Dos ciclos de materia anteriores, cales son os terrestres e cales non? O clico do fósforo e terrestre, mentres que o ciclo do nitróxe...
-
1. En que puntos se basea a teoría de Lamarck? Lamarck basease principalmente en 2 puntos: A función crea o órgano. Os órganos ou os ...
-
1. Que é o citoesqueleto? Que compoñentes ten? Cales son as súas funcións? O citoesqueleto e unha rede proteica que dá soporte ao citoplas...